Cen mil libros formarán nas prazas de seis grandes cidades galegas o poema Negra sombra, de Rosalía de Castro. A Consellaría de Cultura celebra o Día do Libro, o vindeiro 23 de abril co proxecto Ágora libros. Os libros nas prazas, coordinado pola artista Luz Darriba. A intención é que voluntarios e alumnos de centros de ensino conformen nas prazas do Obradoiro (Santiago), Maior (Lugo e Ourense), da Estrela (Vigo), a Ferraría (Pontevedra) e mais en Palexco (A Coruña) cadansúa estrofa da obra a partir das nove da mañá en letras que medirán catro metros de longo por dous de ancho. Ás nove da noite os libros, doados por centros de ensino, bibliotecas e outras institucións, distribuiranse entre os asistentes ao evento.
Na mesma xornada, ás 12 da mañá, celebrarase en cada unha destas prazas un acto institucional con motivo desta data. Segundo explicaba esta mañá do director xeral de Promoción e Difusión da Cultural, Francisco López Rodríguez, Ferrol quedou excluído deste evento "por motivos orzamentarios", mentres que Tui desenvolverá unha iniciativa análoga coordinada por centros de ensino e mais a biblioteca local.
De xeito paralelo, a Praza do Lector de Bos Aires acollerá a acción Follas novas, que consistirá en pendurar das árbores deste espazo follas cos poemas de Rosalía. A iniciativa tamén está coordinada por Luz Darriba.