As obras no adro da Igrexa de San Pedro descubren unha necrópole medieval

Cuestión de raíz

| Santiago.Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A semana pasada os veciños de San Pedro manifestaron o seu descontento porque desde o Concello se mandara talar un chorón que estaba no medio da praza. Acontecía que o que as raíces do chorón dificultaban un traballo arqueolóxico que se realizaba na zona no que se localizaba unha necrópole medieval. Aínda que o seu emprazamento xa se coñecía desde o ano pasado, non foi ata esta semana cando se comezaron uns traballos máis exhaustivos e que concluirán en setembro. Aínda que de momento é cedo para falar do alcance do achádego, os investigadores pensan que son restos de monxes e peregrinos dos séculos XII a XV.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Pedro, El Correo Gallego, Arqueoloxía

Claves

Entidades