Hai xa un tempo que os organizadores da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a MIT, saben da importancia de contar cun repertorio treatrais propios. Por iso desde hai cinco anos contan co certame Abrente de textos teatrais e do que acaban de convocar a súa quinta edición (dotado con 3000 euros máis o financiamento da montaxe gañadora). Roberto Pascual, director da MIT, aproveitou a convocatoria dunha nova edición para anunciar a “Colección Abrente”, dedicada á divulgación de textos dramáticos na lingua galega.