A Fundación Otero Pedrayo anunciou hoxe que o historiador Xosé Ramón Barreiro foi galardoado co Premio Trasalba 2010. A entidade valora a traxectoria do ex-presidente da Academia como renovador da historiografÃa galega e mais o seu traballo "na liña histórica que representa a memoria de Otero Pedrayo e a Xeración Nós". Barreiro recollerá o galardón o vindeiro 27 de xuño.