Tal e como estaba anunciado, a Federación de Libreiros entregou o pasado sábado en Sarria os Premios Irmandade do Libro. No encontro, Luz Pozo Garza recibiu o galardón ao autor do ano. Ademais, déronse a coñecer os premiados nas outras categorÃas. Deste xeito, como mellor institución do pasado ano foi selecciónada a Asociación Cultural Monte Branco, mentres o traballo de Espazo de Lectura en Gondomar foi considerada a mellor iniciativa de fomento das letras. Como obra de 2009 resultou vencedora A praia dos afogados de Domingo Villar, o colexio San Martiño de Salcedo foi premiado na categorÃa de centros de ensino e a mellor librarÃa foi Porta da Vila, de Viveiro.