O escritor Iván GarcÃa Campos fÃxose co XXVIII Premio Eduardo Blanco Amor de novelas, a organización do cal recaeu este ano no concello de Poio. A obra gañadora, O imposible de desatar, é en palabras do xurado, "un retrato da cara oculta da sociedade actual, dos conflitos persoais, da soedade e da incomunicación". Os membros do xurado valoraron especialmente "o carácter innovador no tocante ao estilo e as técnicas narrativas". No audio que acompaña a esta noticia, Iván GarcÃa Campos insÃstenos tamén na importancia do estilo nesta obra. "Se te preguntan de que vai Pulp Fiction, en realidade o tema é moi sinxelo, moi breve. O importante é como está contada. Con esta novela pasa o mesmo".