O demorado proxecto da Biblioteca Nodal de Vigo continúa sen se concretar. O alcalde da cidade, Abel Caballero, anunciou onte que descarta a proposta de a ubicar no Auditorio da Cidade, ante os informes contrarios de técnicos do Ministerio de Cultura, que consideraban que o espazo nesta instalación era insuficiente. Faro de Vigo adianta que o alcalde ofertou o pasado mércores, nunha xuntanza con representantes do Ministerio, un predio de 5.000 metros cadrados na zona de Navia para construÃr este equipamento.