O xurado do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados escolleu a obra La familia C, con texto de Pep Bruno e debuxos de Mariona Cabassa como gañadora deste ano. Os autores levan 12.000 euros de premio e verán a súa obra editada en galego, castelán, catalán, euskera e portugués da man de Kalandraka. Como finalistas, quedaron Raimon Juventeny Corberó, con Manual del buen paseante. Descripción en veinte puntos, e Vanina Soledad Starkoff Bailar en las nubes. Co fallo deste galardón iníciase a X Campaña de Animación á Lectura en Compostela, que este ano leva o lema Un gran soño e que se desenvolverá ata o vindeiro 22 de maio.