Surtidores de auga e outras historias

Santiago lembra o papel da auga cun folleto sobre as fontes históricas da cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Surtidores de auga e outras historias

Santiago contou desde tempos de Xelmírez cunha traída de auga que levaba a auga procedente da fonte Blanca ou dos montes de Vite ata a catedral. Por iso, a cidade de Compostela goza de numerosas fontes que, aínda que xa non cumpren a súa función de fornecedoras de auga, son un exemplo de valor artístico, etnográfico ou histórico e son testemuño doutras formas de vida. O concello de Santiago, aproveitando a celebración do Día Mundial da Auga (que se celebra o 22 de marzo) editou un folleto no que, ademais de propor un percorrido polas fontes históricas que sirva, ademais, de escusa para coñecer como vivían os nosos antepasados e facer un percorrido polo patrimonio histórico da cidade.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Concello de Santiago, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos