A Coruña Son 2010 non contará con Santiago Auserón

Está aberto o prazo para que os interesados en participar envíen os seu sproxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Por terceiro ano consecutivo, o Concello Herculino convoca o certame A Coruña Son. A convocatoria, á que os interesados xa poden enviar as súas propostas, pretende achegarlles oportunidades aos novos grupos musicais do país. Nese sentido, o premio principal consiste nun curso de formación dunha semana para os conxuntos seleccionados por votación popular vía web. Ademais, os seleccionados gravarán un disco conxunto e farán un concerto na cidade. Esta é a primeira edición que o certame non contará coa presenza de Santiago Auserón como mestre. Segundo explicaron os organizadores, a redución de apoio ao proxecto por parte da Xunta de Galicia levounos a optar por profesionais galegos como Bieito Romero ou Xabier Díaz.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Xabier Díaz, Bieito Romero, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Lugares