O hotel Araguaney, en Compostela, acolle a mañá o vindeiro venres 26 o foro Presente e Futuro do Libro Galego, organizado polo Grupo Correo Gallego. O encontro reúne editores, libreiros, autores e medios de comunicación en dúas mesas redondas. A primeira dela analizará a situación actual da edición en Galicia, mentres a segunda se centrará nas aplicación das novas tecnoloxÃas a este sector. Entre os participantes atopamos os responsables de editoras coma Galaxia, Xerais ou Sotelo Blanco e representantes de libreiros, editores e do Clúster do Produto gráfico.
Programa sobre Presente e Futuro do Libro Galego.