Paolo Pinamonti chegou ao Festival Mozart no ano 2008 para imprimirlle un novo aire ao certame máis centrado na dirección de escena. Sen embargou, esa filosofÃa ten os seus dÃas contados. O certame, que comeza o vindeiro 8 de maio co Réquiem de Verdi, será o último baixo o mandato do director peruano xa que o actual xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia, Oriol Ponsa, será tamén o futuro director do certame. Alén destes cambios estruturais, esta edición do festival estreará unha versión inédita de O soño dunha noite de verán de Mendelssohn, representará o Don Giovanni (producción do Teatro di Tradizione de Macerata) e levará actividades puntuais do festival a diferentes localidades coruñesas (Rianxo, Ferrol, Carballo, Vimianzo e Betanzos, entre outras).