Un informe da compañía de servizos de información 11811 sitúa as provincias de A Coruña e Lugo no primeiro e segundo posto respectivamente dunha lista estatal de número de librarías por habitante. Cun total de 398 establecementos de venda de libros A Coruña dá unha media de unha libraría por cada 2.878 habitantes censados. Á súa vez en Lugo son 3.200 as persoas para cada establecemento. A provincia de Pontevedra sitúase no posto sétimo con 3.95 habitantes para cada libraría segundo o mesmo informe e a provincia de Ourense non chega a aparecer nesa lista que só recolle datos daquelas demarcación provinciais con máis de 100 librarías, cifra que non acada. Os datos só fan referencia ao número de establecementos de aí que o feito relevante do tamaño destes non inflúa e sitúe provincias moi poboadas como Barcelona ou Madrid nos postos medios da táboa. En coincidencia a subsecretaria do Ministerio de Cultura, Mercedes Elvira del Palacio, comunicou onte en Comisión celebrada no Congreso dos Diputados o aumento nun 25% no 2009 do ISBN de libros publicados en galego.