Os arqueólogos da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña continuarán a investigar no curso medio do rÃo Éufrates, na garganta de Khanuqa, cando menos ata o 2010. A Dirección xeral de Antigüidades do goberno sirio autorizou unha nova expedición galego-siria para escavar en dous recintos arqueolóxicos: Tall Humeida y Tall QAbr Abu al-'Atiq. O proxecto está dirixido pola banda galega por Juan Luis Montero e pola siria por Michel al-Maqdissi e Anas al-Khabur.