Tiveron que pasar cincuenta anos desde a primeira edición de A esmorga para que poidamos gozar dunha versión Ãntegra desta obra. Galaxia publicará antes do final do ano unha versión da obra de Blanco-Amor que inclúe fragmentos inéditos que foran recortados pola censura franquista. Un estudo de Xosé Manuel Dasilva verificou que no expediente do censor sobre a novela figuran fragmentos, todos eles no capÃtulo quinto, que non se incorporaran a ningunha das edicións da obra e que, segundo a editorial, teñen "unha importancia decisiva" para o final da historia.