Michel Maffesoli abordará a modernidade e a cultura urbana nunha conferencia

Fai parte dos relatorios O(s) Sentido(s) da(s) cultura(s)

É unha dos fundadores da socioloxía do cotiá con numerosas análises sobre a postmodernidade e o imaxinario social. E estes serán algúns dos temas que aborde Michel Maffesoli (Hérault, Francia, 1944) na conferencia que pronunciará esta tarde (17:00 horas) na biblioteca do Consello da Cultura Galega. Este sociólogo francés, catedrático da universidade da Sorbona, completa a listaxe de personalidades que participan nos relatorios O(s) Sentido(s) da(s) cultura(s) que coordina o profesor Ramón Máiz.

Maffesoli é director da revista internacional de Ciencias Humanas e Sociales Societés. Entre as súas obras destaca Lógica de la dominación (1977), La violencia totalitaria: ensayo de antropología política (1982), El tiempo de las tribus (1990), De la orgía: una aproximación sociológica (1996), Elogio de la razón sensible: una visión intuitiva del mundo contemporáneo (1997), El instante eterno. El retorno de lo trágico en las sociedades postmodernas (2001), La tajada del diablo. Compendio de subversión postmoderna (2002), El nomadismo: vagabundeos iniciáticos (2004), La transformación de lo político. La trivialización del mundo postmoderno (2005) e En el crisol de las apariencias: para una ética de la estética (2007)