O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle ás oito desta tarde a presentación do número 184 da revista Grial, dedicado nesta ocasión aos 50 anos de A esmorga de Eduardo Blanco Amor. O volume, correspondente ao último trimestre de 2009, achega diferentes artigos sobre esta obra, ademais dunha entrevista con Andrés Torres Queiruga ou unha mostra da correspondencia entre Ramón Piñeiro e Xavier Alcalá. Canda a isto, poden lerse textos encol da relación de Galicia cos paÃses lusófonos e as habituais seccións de crÃtica literaria e creación entre outros contidos.