A Biblioteca Ánxel Casal de Compostela acolle desde hoxe e ao longo desta semana as I Jornadas Galegas de Ediçom Independente. Este foro reúne algunhas das máis novas iniciativas que se están a desenvolver neste campo no noso país canda a propostas foráneas semellantes. No entanto, xorde unha primeira cuestión interesante a este respecto: ¿como se caracteriza a edición independente?
Desde Estaleiro entendemos como tal a edición non supeditada as necesidades e imposicións que xera a dependencia dos subsidios públicos, explica Carlos Figueiras, integrante desta plataforma editorial. Isto nótase de xeito evidente, por exemplo na cuestión da normativa en que se editan os textos. Non se pode exercer plenamente a liberdade creativa polo feito que de que os subsidios implican a norma oficial. Canda a isto, salienta que a edición independente é autoxestionada por asociacións ou empresas que se moven polas súas propias regras e non polas marcadas desde as institucións, e compara este campo con outras manifestacións culturais. Non ten moita diferenza con fenómenos coma os netlabels ou a edición en Internet. Publicamos un material que queremos defender e que está directamente controlado por nós en todo o momento, conclúe
Outras propostas
Malia a que Estaleiro é un dos colectivos que nos últimos anos está a amosar con máis forza as posibilidades dos sistemas de edición alternativos, con seis títulos publicados, non é a única iniciativa que está a se desenvolver no noso país baixo parámetros semellantes. Deste xeito, podemos falar da Editora Humana, que publica textos na rede de carácter político e filosófico e que anuncia a súa intención de dar en breve o salto ao papel. Ou de Edizer Livros, que presentou o pasado mes de novembro o seu primeiro título. De xeito paralelo, no campo da banda deseñada existen tamén proxectos que traballan en coordenadas semellantes, como Polaqia ou BD Banda.
Outra ollada
Entre as iniciativas neste campo, atopamos a outra entidade que organiza estas xornadas canda a Estaleiro, o proxecto Corsarias. Pepe Arias, responsable da iniciativa explica que ao seu ver, para definir o concepcto de edición independente dalgún xeito hai dúas cuestións fundamentais. Unha é a posición que existe ante o actual marco xurídico político e as tendencias e afinidades sobre el, non só en Galicia senón tamén en calquera país. E outra no financiamento. Se o financiamento xorde da vontade de xente que está aquí ou doutras latitudes, e partir de aí poderiamos falar. Arias recoñece que realmente case todas as editoras galegas cumpren esta segunda condición, cando menos. Aí non temos especial interese en nos diferenciar, e así por exemplo, na palestra de mañá está Paco Macías, que cumpre totalmente ese perfil.
Por qué agora
Á hora de explicar a actual emerxencia deste fenómeno no noso país, Figueiras destaca os avances tecnolóxicos que se fixeron na edición baixo demanda. Hoxe facer un libro cústache só o dobre do que hai uns anos custaba tirar un fanzine de 20 páxinas. Pola súa banda, Arias incide no momento político actual. Estase a dar un forte movemento social e de creatividade. Hai un marco político onde xa non se considera que haxa que preservar o galego. E neste ámbito, como en tantos outros, xorde esta manifestación concreta.
O proxecto corsario
Segundo explica Arias, a iniciativa da que fai parte xorde con tres piares fundamentais. Por unha banda, Corsarias conta cunha distribuidora que quere chegar a librarías pero tamén a centros sociais e, en xeral, a lugares onde haxa unha sensibilidade compartida e os nosos materiais sexan ben tratados. Canda a isto, está o proxecto dunha libraría propia que polo momento é nómade pero que contará cunha tenda dixital, e logo un terceiro elemento que é a editora en si. Temos xa dous títulos, un sobre renda básica e outro dunha colección que temos en castelán. Canda a isto, Corsarias prepara para este 2010 a posta en marcha de diversas coleccións. Por unha banda, haberá unha colección que aglomerará narrativa, teatro e poesía, e outra de ensaio onde sairá unha antoloxía de Ricardo Mella, precursor do anarquismo vigués, e outra do pensador crítico Miguel Amorós. Tamén imos sacar o manual do copyleft, que amosará como traballar con licenzas libres, e queremos tirar unha colección universitaria, entre outros proxectos que están pendentes de concretar.
Estaleiro
Ninguén en Estaleiro vive disto, e todos colaboramos gratuitamente. Deste xeito non dependemos de subsidios nin das vendas. Se un libro fracasa outros irán tirando do proxecto, e o único que se pretende é seguir imprimindo e pór na sociedade títulos que nos parezan interesantes, explica Figueiras. No entanto, salienta que, mesmo pagando traballos como a maquetación o prezo por exemplar podería subir 1 ou 2 euros.Desde os circuítos convencionais véndesennos imposibles e imperativos do mercado que non son reais. Nós conseguimos esgotar a edición dun título de teatro ou vender 400 ou 500 exemplares dun libro de filosofía a seis euros, mentres unha editora convencional poida que venda 40 ou 50 a un prezo de 25 euros, explica. A venda directa, a presenza en feiras e eventos culturais de todo tipo e, en xeral, o aproveitamento de circuítos alternativos de distribución explican en boa medidas estas cifras.
Grados de independencia
Tomás González, da empresa Urco Editora, non establece uns límites tan definidos ao fenómeno. Supoño que hai diferentes grados de independencia. Pódese atender a se as editoras son asociacións sen ánimo de lucro ou pequenas empresas. Tamén se pode ter en conta a dependencia dos ritmos ou cartos da administración, e desde esa perspectiva eu penso que non hai edición independente en Galicia, explica. Tamén está a cuestión de publicar títulos non comerciais, moverse por circuítos de distribución alternativos ou traballar con licencias de copyright... Segundo todos eses factores pódese ser independente en maior ou menor grado, explica. De feito en Urco non temos moi claro se somos independentes ou non, o que temos claro é que somos unha editora marxinal, a nivel do que editamos e mais do público. Os membros da editora temos unha aposta completa polo que facemos e movémonos un pouco pola periferia do sistema, explica González.
A proposta Urco
Esta aposta concrétase na tradución de títulos clásicos de fantasía, ciencia ficción ou terror, así como pola edición de banda deseñada. Malia a esta aposta por xéneros minoritarios, a editora recoñece que accede ás axudas á tradución e que a Administración adquire exemplares da firma para as bibliotecas. Se se tenta vivir disto, aínda que se tenten facer as cousas de xeito diferente o mesmo non se pode ser totalmente independente. Na nosa conta de resultados vemos que os títulos acaban polo xeral sendo rendibles, pero coas axudas á tradución e as compras sono moito antes e permítennos continuar traballando.
Visións positivas
Pola súa banda, Francisco Macías, de Edicións Positivas, tamén convidado ao evento, recoñece que non sei o que é edición independente. Na realidade todos os que estamos metidos nisto somos independentes, mesmo Xerais que está nun grande grupo ten bastante independencia, sinala. Poida que haxa algo de razón no tema da normativas e na dependencia das subvencións, pero a realidade é que o mundo editorial non ten máis axudas públicas do que calquera outro sector. E falar das compras da administración como dependencia, tampouco o vexo. En mundos como a música e o teatro os maiores clientes para actuacións son as administracións, moito máis do que na literatura. Nese sentido, sinala, creouse certo tópico de que a edición vive de subsidios, e se fose así todo o mundo montaría unha editora. Á hora de definir a independencia a partir do que se publica, Macías sinala que eu publico o que quero, o que me escraviza e me fai perder independencia é a propia liña editorial que me marco. Hai libros que me gustan pero non publico, porque quero que a editora teña unha liña, pero non por iso son menos libre.
Encontros
Estes primeiros encontros permitirán espazos de encontro que non sexan os bares para falar e comentar os problemas e solucións que atopa cada un. Neste ámbito a xente ten un grande afán de colaboración entre proxectos, o que resulta bastante raro neste país, explica Figueiras. Canda aos galegos, participarán no evento representantes de diferentes proxectos independentes da Península e presentaranse os últimos lanzamentos dalgunhas destas iniciativas. Os interesados, só teñen que se achegar á Biblioteca Ánxel Casal.