Varios galegos no comité asesor de axudas do ICAA

Zapata, Xurxo González e Susana Maceiras figuran no comité de axudas a produción

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Xosé Zapata (IB Cinema), Xurxo González (Xunta de Galicia) e Susana Maceiras (Adivina Produccións) son os tres galegos que figuran na listaxe de vogais dos comité de axudas á produción cinematográfica do Instituto da Cienamatografía e as Artes Audiovisuais (ICAA). Pero non son os únicos, xa que canda estes nomes, figuras outros vogais noutros comités como Dolores Ben para a produción de películas para televisión e series de animación sobre proxecto e María Yáñez para a realización de obras audiovisuais con novas tecnoloxías. Os seus nomeamentos teñen unha duración de dous anos.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ICAA, Xurxo González, Cine, Xosé Zapata...