O clamor da rebeldÃa. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos foi o traballo vencedor na última edición do Premio Vicente Risco de Ensaio. O xurado do certame, que se fallou o pasado sábado, outorgoulle a Pilar GarcÃa Negro o primeiro premio de seis mil euros e mais a publicación da obra. A autora analiza no seu texto o nacemento parello do ensaio e da conciencia de xénero en Galicia a partir dos prólogos de RosalÃa de Castro aos seus máis coñecidos poemarios.