Un pioneiro. O seu traballo foi como unha semente. Estes foron algúns dos calificativos que o teólogo e escritor Andrés Torres Queiruga máis o profesor Pablo Cano lle brindaron ao traballo desenvolvido por Ángel Amor Ruibal (1869-1930) no campo da lingüística. Foi un dos precursores dos estudos nesta materia pero, sobre todo, fixo achegas imporantes na concepción da metáfora e no tratamento da orixe da linguaxe. As análises da súa obra, desde diferentes puntos de vista, e a cargo de importantes estudosos conforman Amor Ruibal Filólogo,a publicación coa que se compilan as actas do congreso organizado polo Consello da Cultura Galega no ano 2005.