"Nestes días escuros para nós...". Así comeza o manifesto no Día de Rosalía que realizou a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), e ao que se dará lectura nas principais cidades do país. O manifesto insta ao goberno autonómico a que "á maior brevidade cree o Instituto Rosalí de Castro para que a nosa cultura sexa posta en valor dentro e fóra da Galiza". O Día de Rosalía conmemora que tal día coma hoxe, en 1837, naceu a poeta Rosalía de Castro en Compostela.
Horarios de presentación do Manifesto
(Contido do web da Asociación de Escritores en Lingua Galega,
A Coruña, 18.00
Monumento a Curros Enríquez.
Coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.
Lugo, 18.00
Rúa Nóreas, a carón da casa que fai esquina con Rúa San Pedro, onde viviu ROSALÍA DE CASTRO entre 1864 e 1868. Hai unha placa indicativa.
Santiago, 17.30
Onde a estatua de Rosalía, no Paseo da Ferradura
Vigo, 19.00
Nº 12 da Rúa Real, onde a tipografía de Juan Compañel
Coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Vigo
Ferrol, 18.00
Praza do Himno Galego
Pontevedra, 18.00
Na estatua de Castelao, onda o Museo de Pontevedra