Videoinstalacións, actuacións, poesÃa visual e recitais mestúranse no encontro Sopa de Alg-as. Esta iniciativa do colectivo artÃstico Alg-a desenvólvese esta fin de semana e céntrase na poesÃa experimental galega. MarÃa Lado abre o proxecto cun curso sobre esta cuestión que se celebrará venres e sábado no Centro Cultural de Valadares. Ese último dÃa, a partir das 17:30 iniciaranse as lecturas-actuacións a cargo de autores como Leo e Arremecaghona, AID, Elvira Riveiro ou o colectivo porta verde do sétimo andar. Canda a eles, está previsto a presentación da poesÃa visual de AntÃa Sánchez e LucÃa RomanÃ, a videocreación de Mig ou unha acción-instalación a cargo de Nelaque.