Os Manicómicos enchen a Coruña de humor co seu noveno festival

Estará presente a suiza Gadi Hutter, unha das clows femininas máis destacadas

Cartel da IX edición do Festival Manicómicos
Cartel da IX edición do Festival Manicómicos
É a cita co humor e co teatro por excelencia. A asociación cultural Manicómicos acaba de presentar a programación do seu festival de teatro cómico, que se desenvolverá do 10 ao 14 de marzo no teatro Rosalía (A Coruña). Unha cita sen ánimo de lucro, xa que os fondos que se recauden das entradas (de 9 a 15 euros en función do espectáculo) destinaranse a financiar actividades formativas e outros espectáculos desta sociedade. Dúas compañías galegas, Rúa Aire (O retrete de Dorian Gray, mércores 10) e As vingadoras (Maquinaria Pesada, xoves 11), comparten cartel con Garde Hutter, unha das clows femininas máis destacadas do mundo que interpretará Juana de Arppo (venres 12); Jango Edwars (Classics, sábado 13) e Los excéntricos (Rococó bananas, domingo 14).