O galego pode desaparecer como lingua de uso nas vindeiras tres décadas, segundo un estudio

The final countdown

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A conta atrás para a lingua xa comezou. Ou cando menos iso é o que amosan as conclusións do proxecto Galbreus, dirixido polo profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato e financiado pola Comisión Europea. Un 60% da mocidade galega emprega unicamente o español como lingua de relación fronte ó 10% que afirma usar o só galego. A nosa lingua está practicamente desterrada do uso nos cíberes, discotecas ou nas tendas. Ademais, mentres un 10.1% dos mozos recoñécense monolingües en galego, un 27.4% afirman o mesmo do español. Só o 8.8% da xente nova afirma utilizar os dous idiomas por igual. Freixeiro Mato alertou que en tres décadas, o galego pode deixar de existir como lingua de uso.

Máis información en La Voz de Galicia; El Correo Gallego ; Galego.org

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Ramón Freixeiro, Comisión Europea, El Correo Gallego...