Run with the Wolves (Correndo cos lobos) é o tÃtulo dunha das últimas cancións do coñecido grupo The Prodigy. Pero tamén o tema para o que habÃa que facer un videoclip mediante o concurso que a formación británica convocou pola rede. De máis de trescentas propostas, o clip enviado por Omnivorous Tree (unha entidade creada por cinco ex empregados de Dygra, MarÃa Lodeiro, David MartÃn,Tamara Meiras, Sara Cueto e Rubén López Ares) quedou en segundo lugar nas votacións do público. Finalmente non foi elixido pola formación para ilustrar a súa canción pero serviu de carta de presentación para este prometedor equipo.