Un equipo galego queda segundo nun concurso de videoclips de The Prodigy

O certame pretendía facer un vídeo para a canción Run with the Wolves

17/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualmúsica
24 lecturas | Compartido 0 veces

Run with the Wolves (Correndo cos lobos) é o título dunha das últimas cancións do coñecido grupo The Prodigy. Pero tamén o tema para o que había que facer un videoclip mediante o concurso que a formación británica convocou pola rede. De máis de trescentas propostas, o clip enviado por Omnivorous Tree (unha entidade creada por cinco ex empregados de Dygra, María Lodeiro, David Martín,Tamara Meiras, Sara Cueto e Rubén López Ares) quedou en segundo lugar nas votacións do público. Finalmente non foi elixido pola formación para ilustrar a súa canción pero serviu de carta de presentación para este prometedor equipo.

Universo culturagalega.gal

25/02/2010

Uns galegos prodixiosos

Os animadores de Omnivorous Tree aproveitan o seu éxito no certame de videos de The Prodigy

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dygra, Ares

Claves

Entidades
Lugares