O PEN Clube de Galicia fallou esta fin de semana os gañadores da VIII edición dos Premios RosalÃa de Castro, que recoñece a escritores de catro sistemas literarios: o español, o portugués, o catalán e o eúscaro. Os gañadores foron, respectivamente, Antonio Gamoneda, Lêdo Ivo, Francesc Parcerisas e Itxaro Borda. O xurado, reunido nun coñecido restaurante santiagués, destacou a relación deste creadores coa cultura galega. Os premios non se entregarán o 24 de febreiro, como viña sendo o habitual, senón nunha data que aÃnda está sen confirmar.