Lêdo Ivo, Itxaro Borda, Francesc Parcerisas e Antonio Gamoneda gañan o Rosalía de Castro

O PEN Clube fallou estes premios que concede de xeito bianual

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O PEN Clube de Galicia fallou esta fin de semana os gañadores da VIII edición dos Premios Rosalía de Castro, que recoñece a escritores de catro sistemas literarios: o español, o portugués, o catalán e o eúscaro. Os gañadores foron, respectivamente, Antonio Gamoneda, Lêdo Ivo, Francesc Parcerisas e Itxaro Borda. O xurado, reunido nun coñecido restaurante santiagués, destacou a relación deste creadores coa cultura galega. Os premios non se entregarán o 24 de febreiro, como viña sendo o habitual, senón nunha data que aínda está sen confirmar.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, PEN Clube, Escritores, Portugués

Claves

Protagonistas
Entidades