OQO editora acaba de presentar A nena e o grilo un proxecto que integra música e literatura da man de MagÃn Blanco. O libro-disco, dirixido aos máis novos, inclúe unha serie de contos deste autor e cancións que van do folk ao reggae pasando pola rumba ou o pop. Acompañan a MagÃn no apartado musical figuras coñecidas coma Guadi Galego, Ugia Pedreira, UxÃa ou Fred Martins. As ilustracións do volume corren a cargo de Iván Prieto. O lanzamento terá continuidade nos vindeiros meses da man dun espectáculo ao vivo que percorrerá o paÃs.