Contos por palabras de AgustÃn Fernández Paz e Cando petan na porta pola noite de Xabier Docampo son dúas das once mellores obras do século XX escritas en español para os lectores máis novos. Unha comisión do I Congreso Iberoamericano de Lingua e Literatura Infantil e Xuvenil que se vai celebrar a finais deste mes en Santiago de Chile seleccionou estas obras, que son as únicas que non foron escritas orixinalmente en castelán.