“Son 55 pero puideron ser moitÃsimas máis” asegura Xosé Henrique Costas, coordinador da publicación 55 mentiras sobre a lingua galega que se presenta mañá, de xeito simultáneo, en 70 localidades. “Naceu como argumentario contra unha campaña moi ben orquestrada en contra do noso idioma” apunta este profesor da Universidade de Vigo. As presentacións serán gravadas e posteriormente editadas nun DVD para que “quede rexistro desta expresión lingüÃstica que parece estar revivindo ás mesmas Irmandades da Fala”, apunta Costas.