Os once escritores galegos galardoados cos Premios Nacionais que solicitaran a demisión do conselleiro de Cultura xa teñen resposta. Roberto Varela envioulle a cada un deles unha carta na que loa as súas traxectorias profesionais e na que insiste en que a polémica das súas declaracións sobre a cultura galega foi un equÃvoco e que se sacaron de contexto as súas palabras. Os autores enviáranlle a pasada semana unha carta aberta a Varela pedÃndolle que demitise logo de que diferentes medios recollesen unhas declaracións súas sinalando que a cultura galega estaba "ensimismada e acomplexada" entre outras valoracións.