FacÃa máis de seis anos que non participaba unha muller nos encontros literarios que creaba a Cátedra Carlos Casares. Nesta ocasión, cando a cátedra cumpre vinte anos, serán tres as mulleres que participarán neste encontro. Rosa Regás, escritora e exdirectora da Biblioteca Nacional, e as creadoras galegas Luisa Castro e Rosa Aneiros falarán das verdades da literatura, do compromiso e da creación nunhas xornadas que terán lugar do 1 ao 3 de febreiro no Liceo de Ourense.