O Come e fala da Radio Galega faise co 16 Premio Álvaro Cunqueiro

O certame premia o labor de comunicación sobre gastronomía

O programa da Radio Galega, Come e fala que dirixe e presenta Xosé Manuel García fixose co Premio Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, que recoñece o labor de divulgación no ámbito gastronómico. Conseguiron accesits a reportaxe “Sabores de matanza” que Taciana Díaz e Xurxo Sánchez fixeron para La Sexta noticias; o libro de Matilde Felpeto Lagoa El capón de Villalba y su cocina(Editorial Trea); e a páxina de cociña de Carlos Azoyta Luque. A décimosexta edición deste certame repartiu 8.000 euros en premios.