Desde ai anos, cada vez que se inaugura a restauración dun monumento, abre un museo ou se promove a recuperación dunha tradición, fálase das posibilidades turÃsticas de cada acción. O tan cacarexado turismo cultural preséntasenos constantemente coma unha alternativa imprescindible tanto para a nosa economÃa como para rendibilizar o noso patrimonio, e mesmo xustifica actuacións coma a Cidade da Cultura. Mais, ¿ata que punto podemos contar con eses visitantes, e canto poden influÃr nas nosas polÃticas culturais?
Xulio Pardellas de Blas, profesor de EconomÃa Aplicada da Universidade de Vigo, ten analizado en diferentes artigos a situación deste campo no noso paÃs. Nese sentido recoñece un grande potencial en Galicia ao tempo que apunta que o sector “aÃnda está un pouco verde”, especialmente no referido á promoción e ás infraestruturas. “Ata o de agora o que habÃa en Galicia a nivel turÃstico era o Xacobeo e as RÃas Baixas. O turismo cultural implica que teñen que existir produtos culturais e tamén equipamentos e infraestrutras. Cómpre que haxa empresas de restauración e de hostelarÃa que creen produtos turÃsticos”. Do mesmo xeito, indica que “no interior hai moitas celebracións de interese etnográfico, e xente que vai a instalacións de turismo rural nas súas proximidades non sabe que están aÔ.
Oportunidades
Como posibilidades de cara ao futuro, un dos puntos fortes cos que conta o noso paÃs é a variedade de atractivos. “Outras comunidades teñen basicamente turismo de natureza ou de historia. O noso problema é que nin nos mesmos coñecemos nin valoramos as nosas posibilidades, pero as expectativas son enormes”, explica este investigador. “No interior de Galicia hai moitÃsimos recursos que nos interesa a todos recuperar e que poden xerar ingresos”. As vÃas e as pegadas romanas no paÃs ou mesmo os castros, dos que “moitos están mesmo onda praia”, son algúns dos exemplos que apunta este economista. Outro grande potencial para o turismo cultural é que xa contamos cun grande número de visitantes. “Non cómpre ir buscalos fóra. As RÃas Baixas reciben un millón por ano, e con informalos e crear produtos pódeselles convencer de que dividan a estancia entre dÃas de costa e de interior”. Pardellas destaca como idóneos neste sentido espazos coma Caldas, Cotobade ou Campolameiro, do que salienta que “hai que pensar como se pode convertir ese Centro de Interpretación nun produto para cando se inaugure”. En xeral, insiste, “cómpre unicamente un pouco de coordinación”.
A segunda fase
Segundo a análise do profesor, a recuperación de elementos patrimoniais non abonda, por si soa, para lograr efectos no turismo, e é necesaria a implicación da iniciativa privada para desenvolver o sector. “Unha cousa é recuperar, rehabilitar e pór en valor, e outra é introducir eses produtos no mercado”, explica. “Non é o Concello quen ten que crear o produto, aÃnda que en moitos casos as institucións fan moito máis do que deberÃan neste sentido. As empresas teñen que traballar e aproveitar estes recursos, darlles maior visibilidade e conseguir que a xente os veña a ver, ou cando menos que veña principalmente a iso”. Nese campo, sinala que a falta de promoción é unha pexa fundamentel para o desenvolvemento do sector no noso paÃs. Cita encol disto casos coma o da Muralla de Lugo, “os lugeses coñécena, pero non hai moita máis xente que saiba que se pode percorrer enteira ou que ten 2.000 anos”. Tamén considera pentende de aproveitamento o Museo de Pontevedra. “É un dos museos con máis equipamentos, documentación e recursos de todo o Norte de España, pero moita xente non sabe que está aà mentres coñecen, por exemplo, o Museo Romano de Mérida”.
O efecto Guggenheim
E é que, para alén das iniciativas de recuperación patrimonial, a sombra do turismo cultural paira tamén sobre a creación de novos centros culturais. Deste xeito, o coñecido “Efecto Guggenheim”, que fixo de Bilbao un destino destacado a partir da creación do museo homónimo. O tan comentado efecto empregouse a miúdo para xustificar a creación de espazos coma a Cidade da Cultura. “Son casos moi diferentes. O Guggenheim foi un museo que se convertiu nun produto e funcionou. O de Compostela é algo moitÃsimo maior, e véxoo un pouco sen sentido. Vai ser moi difÃcil rendibilizalo, sobre todo turisticamente”, explica Pardellas. No entanto, tamén temos en Galicia exemplos do contrario é dicir, centros culturais que si acadan ser polos de atracción para o visitante. Deste xeito, Pardellas salienta o traballo dos Museos CientÃficos da Coruña. “Están funcionando moi ben. Teñen convenios con Educación e contan con visitantes escolares ao longo de todo o ano, e iso é un xeito de promoción, porque os rapaces logo queren voltar ecoa familia e crean un mercado. Logo en Vigo hai cousas que funcionan mellor que outras. O Verbum por exemplo, semella que non acabou de funcionar”, explica.
PolÃticas culturais e turismo
Como receita para conseguir o ansiado efecto, este economista aposta por “unha mestura entre xestión académica, artÃstica e turÃstica. O director dun museo non pode ser especialista en turismo, pero si pode haber organismos cos que se coordinar e aproveitar estes recursos. A idea é que quen acuda ao centro teña outras ofertas e atope onde comer e durmir”. Malia a esa necesidade dunha maior coordinación, Pardellas non considera que o interese polo turismo chegue a condicionar as polÃticas culturais galegas. “Non hai contradición nese sentido. Un turista non pasa de ser unha persoa interesada nun evento, un itinerario ou un museo”.