A partir do vindeiro 7 de febreiro, os amantes da literatura para os máis novos teñen a súa cita en Pontevedra. A XI Edición do Salón do Libro, dedicada nesta ocasión á cidade, achega un bo feixe de actividades. Unha ampla oferta de espectáculos e teatro compoñen o groso da oferta de ocio. Canda a isto poderán verse exposicións sobre a obra de AgustÃn Fernández Fernández Paz, o traballo de Xosé Cobas ou as habituais mostras de traballos escolares. Obradoiros de construción de tÃteres ou animación á lecturas para adultos, visitas guiadas ou a actividade Nenos Contadores para os máis novos completan a oferta desta xeira. AgustÃn Fernández Paz será o autor homenaxado nesta ocasión, nun acto que se desenvolverá o 13 de marzo ás 13h no Pazo da Cultura de Pontevedra