Ferrol e Monforte son as localidades que abrirán e pecharán o calendario de celebracións da feiras do libro no noso paÃs. Asà o fixo público onte a Xunta, cun anuncio no DOG no que sacaba a concurso a contratación dunha empresa para a organización destes encontros. Unhas xuntanzas que son, segundo unha nota de prensa remitida pola consellarÃa de Cultura, “un dos escaparates máis importantes para a produción editorial galega e representan un medio imprescindible para a captación de mercado interior por parte dos profesionais que comercializan este produto”. É a primeira vez que se fai por concurso público a organización do encontro que organizan a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e a Federación de Libreiros de Galicia.
Na nota de prensa remitida por Cultura establécese que foi a Federación de Libreiros quen elixiu as localidades nas que se desenvolverán estes encontros. O calendario acordado por esta entidade é o seguinte: Ferrol (Cantón de Molins) do 21 ao 25 de abril; Santiago (Paseo Central da Alameda) do 1 ao 9 de maio; Lugo (Praza Maior) do 15 ao 23 de maio; Ourense (Rúa do Paseo) do 29 de maio ao 6 de xuño; Vido (Praza de Compostela) do 2 ao 11 de xullo; Cangas (Alameda de Soage) do 21 ao 25 de xullo; A Coruña (XardÃns de Méndez Núñez) do 1 ao 10 de agosto; Viveiro (XardÃns de Noriega Varela) do 13 ao 16 de agosto; Foz (Praza do Conde de Fontao) do 19 ao 22 de agosto; e Monforte (Rúa Cardeal) do 25 ao 28 de agosto.
Resolución co concurso de licitación no DOG (21/01/2010).Na nota de prensa remitida por Cultura establécese que foi a Federación de Libreiros quen elixiu as localidades nas que se desenvolverán estes encontros. O calendario acordado por esta entidade é o seguinte: Ferrol (Cantón de Molins) do 21 ao 25 de abril; Santiago (Paseo Central da Alameda) do 1 ao 9 de maio; Lugo (Praza Maior) do 15 ao 23 de maio; Ourense (Rúa do Paseo) do 29 de maio ao 6 de xuño; Vido (Praza de Compostela) do 2 ao 11 de xullo; Cangas (Alameda de Soage) do 21 ao 25 de xullo; A Coruña (XardÃns de Méndez Núñez) do 1 ao 10 de agosto; Viveiro (XardÃns de Noriega Varela) do 13 ao 16 de agosto; Foz (Praza do Conde de Fontao) do 19 ao 22 de agosto; e Monforte (Rúa Cardeal) do 25 ao 28 de agosto.