Medio Rural explica que a lagoa de Valdoviño se baleirou como se vén realizando nos últimos 50 anos

A alcaldesa pediu explicacións á Xunta alegando o esmorecemento do humidal

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Conta con ata cinco figuras legais de protección e en menos de dous meses pasou de rebordar auga a estar medio desecada. A lagoa de Valdoviño está a sufrir un progresivo deterioro desde a década dos cincuenta nada favorecido por diferentes baleirados realizados polas diferentes administracións. De feito, nos últimos meses produciuse unha apertura de auga que expulsou máis da debida polo que o concello solicitou información á Xunta (competente no lago) sobre o estado actual da lagoa. Unha petición á que a consellaría de Medio Rural acaba de contestar explicando que se produciu ao baleirado tradicional e “que non causou dano significativo ningún sobre o estado de conservación dos hábitats e especies deste senlleiro espazo natural”.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medio Rural, Valdoviño

Claves

Entidades
Lugares