En 1910 naceron tanto LuÃs Seoane (en Bos Aires) como Gonzalo Torrente Ballester (en Ferrol). Dúas efemérides que as fundacións que levan o seu nome, xunto con outras entidades, celebrarán ao longo deste ano. As actividades previstas para conmemorar o natalicio do escritor ferrolá arrancarán en Salamanca coa exposición Os mundos de G.T.B que exhibe as primeiras obras impresas do escritor. Tras dela virán moitas entidades que revisitarán a súa perspectiva personal e humana. Canda isto, unha exposición, tres congresos, e varias actividades que se desenvolverán a partir de maio, poñerán en valor a figura de Luis Seoane.