Nos últimos vinte anos a tradución de obras escritas orixinalmente en galego para outras linguas sufriu fondas mudanzas. De ser unha cuestión case puntual pasou a se integrar nos circuítos internacionais de vendas de dereitos, e de se centrar en linguas minorizadas ampliou a súa presenza en idiomas de grande importancia internacional. Analizamos, da man de Iolanda Galanes, da Bibilioteca da Tradución Galega, a situación deste ámbito.
Chamamoslle de tradución inversa a aquela que se fai desde o galego para outras linguas. Unha actividade da que a miúdo é difícil atopar cifras, o que provoca que en moi grande medida non sexamos conscientes de ata que ponto a nosa literatura consegue proxectarse no exterior. Desde o grupo de inverstigación Biblioteca da Tradución Galega (BITRAGA), Iolanda Galanes analiza as tendencias neste campo. Falar de tradución inversa significa valorizar o sistema literario e o incorporar a un sistema mundial.
Máis e mellor
Vaia por diante que as traducións desde o galego non son nin moito menos maioritarias. Segundo os datos de BITRAGA, entre 1980 e 2008 hai en total unhas 2.500 obras traducidas tanto cara ao galego como desde a nosa lingua para outras. Dentro dese total atopamos que por cada catro libros que veñen para a nosa lingua se exporta unha. De calquera xeito, esa proporción mudou nos últimos dez anos a tres obras versionadas para o galego por cada unha exportada. Canda as cifras, tamén mudou o xeito en que se xestionan as nosas traducións para o exterior. Antes facíanse aquí mesmo as traducións que logo se vendían fóra, e deste xeito temos moitos casos de autores que se autotraducen, explica Galanes. A novidade recente é que se comezana vender dereitos de tradución en feriras internacionais. As nosas obras interésanlle a editoras foráneas e nós xa non temos que facer ese traballo. É o caso de Kalandraka en Corea ou en Xapón, e isto supón unha madureza importante, comezamos a entrar en fluxos económicos mundiais, explica Galanes. Desde BITRAGA apuntan, ademais, que esta mudanza responde a un labor de difusión que se realizou entre os anos 2004 e 2008. A crise económica está a ralentizar os froitos dese traballo, pero unha vez que se recupere a economía poderse manter esa proporción entre traducións directas e inversas, conclúe Galanes.
Os máis exportados
Á hora de falar das estrelas á hora de exportar a nosa literatura, destacan dous nomes. Por unha banda, como non, Manolo Rivas, que coa súa obra O lapis do carpinteiro encabeza as traducións da nosa literatura. Hai preto de 21 versións distintas, e varias delas tiveron moito éxito, explica esta investigadora da Universidade de Vigo. Polaco, húngaro, hebreo, turco, xaponés ou finlandés son algunhas das linguas nas que se pode ler a novela do galego. A outra obra á cabeza do número de traducións é Memorias dun neno labrego. A obra de Neira Vilas foi moi traducida desde o comezo, especialmente en países do espazo comunista, e aínda continúan saíndo versións. Se o caso de Rivas é un éxito de tipo comercial, o de Neira Vilas é máis de carácter ideolóxico. Canda a eles, no campo da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) destaca o caso de Agustín Fernández Paz. Hai libros coma Cartas de inverno que non chegan a moitas linguas, pero que conseguen grandes éxitos, por exemplo en catalán, explica Galanes. De xeito xeral, e tirados os nomes xa mentados, desde BITRAGA observan que non hai fenómenos masivos na tradución de autores galegos para o exterior. No mundo da tradución primeiro tírase unha obra. Se hai unha boa recepción prodúcese un efecto chamada e vértense as outras obras dese autor e mesmo dos seus coetáneos, explica Galanes.
A importancia da LIX
A Literatura Infantil e Xuvenil protagoniza a maior parte das traducións que se fan desde e para o galego. En conxunto, desde 1980 traducíronse, de xeito directo e inverso, 1.500 obras deste tipo fronte a 960 de adultos. A tradución a outras lingua neste campo data xa dos anos 80, e mesmo de antes. Coa introdución das linguas cooficiais nos sistemas educativos, editoras galegas, catalás e vascas desenvolveron acordos estratéxicos para intercambiar obras, lembra Galanes. Nos anos 90 este proceso sufriu unha nova expansión con proxectos coma os de OQO e Kalandraka. Kalandraka asumíu que a súa literatura tiña que se traducir a outras linguas xa desde o comezo, e desenvolveu unha política moi clara nese campo. Agora a tradución da LIX está asentada. Ademais neste mundo e no da ilustarción, Galicia ten un recoñecemento moi forte a nviel itnernacional.
As linguas de recepción
Dentro das mudanzas que están a afectar á internacionalización da nosa literatura, tamén se detecta nos últimos dez anos un fluxo nas linguas cara ás que van as obras galegas. Nos oitenta hai un fluxo cara ás linguas españolas, ademais de vasco e catalán, tamén para asturiano ou aragonés. Tamén se traducía cara a linguas minoritarias europeas. Nos últimos anos vese un esforzo de internacionalización, e xa non son tan frecuentes as traducións a esas linguas como a outras maioritarias, coma o inglés ou o francés.
Xéneros
En xeral as obras máis traducidas son de narrativa. No caso das obras para adultos trasládanse a outras linguas sobre todo novelas e na LIX triunfan os libros de relatos. O teatro e a banda deseñada carecen, segundo os datos de BITRAGA, dunha proxección exterior relevante. De xeito curioso, temos máis poesía do que teatro tanto en tradución directa como en inversa, e ademais neste xénero o intercambio está bastante igualado, con 120 obras líricas que se pasaron ao galego e 77 que se exportaron desde a nosa lingua.
As dificultades
A Biblioteca de Tradución Galega comezou o seu traballo de recompilacións de textos traducidos desde e para a nosa lingua no ano 2004, e ten en marcha un web que permite localizar estes textos. En BITRAGA advirten da dificultade de compilar datos encol da tradución inversa, e recoñecen que na nosa base non está todo. Hai que pensar que en moitas ocasións hai que recorrer a baleirados de prensa ou aos catálogos das diferentes bibliotecas do mundo para ter constancia de traducións desde o galego. Moitas veces estes catálogos non teñen os datos moi controlados recoñece Galanes. A intención do grupo é continuar con este traballo de compilación e ampliar aos poucos cara atrás o período histórico que peneiran, xa que ata o momento os datos paran en 1980.