Baixo un sol de xustiza, nas anchas terras de Castela, miles de galegos traballaron na recolleita de cereal dende o século XVIII ata 1960 tentando complementar os pobres ingresos dunha Galicia chea de impostos e imposicións. Unha exposición percorre en Ribadavia esa aventura anual dos traballadores galegos.
“Esta exposición pretende ser unha especie de lugar da memoria”, afirma Xosé Manuel González Reboredo, antropólogo e comisario da exposición “Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos”, que organiza o Consello da Cultura Galega no Museo Etnolóxico de Ribadavia e que poderá visitarse ata setembro. “Quere recuperar a memoria histórica sobre un importante feito da nosa sociedade, toda vez que aÃnda quedan testemuñas vivas do movemento en Galicia”.
A exposición, organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa ConsellerÃa da Cultura e o Museo Etnolóxico de Ribadavia, simula o percorrido que facÃan os seitureiros galegos na súa viaxe a Castela. A través de paneis, diaporamas, vÃdeos e obxectos da agricultura tradicional, os visitantes poden ir seguindo a situación en Galicia, a viaxe a Castela, etc. Cada unha das áreas da exposición van acompañadas con reconstruccións da arquitectura da zona.
De intelectuais e tópicos
A sega de Castela foi un tema recorrinte dos intelectuais galegos no século XIX. Os versos máis coñecidos son os de RosalÃa: “Casteláns de Castela/ tratade ben ós galegos/ cando van, van como rosas/ cando veñen, veñen como negros”, que aludÃan á dureza das condicións de traballo da sega ó longo de todo o Reino de Castela, pero tamén ó desprezo que as comunidades de traballadores inspiraban nos patróns casteláns. RosalÃa non fora a primeira autora en denunciar a situación. Xa en 1774, un comandante do exército inglés, W. Darymple, escribiu no seu diario nunha viaxe que fixera a Castela: “pode en verdade dicirse que os pobos de Castela están absolutamente en dependencia dos de Galicia para os seus traballos manuais e, sen embargo, trátannos de vagabundos e mÃrannos co maior desprezo”.
A propia comunidade galega defendÃase construÃndo os seus propios tópicos sobre os casteláns. Un xeito era a evocación continua de Galicia, e outro era a creación de tópicos sobre os propios casteláns. Hai algunhas coplas que aluden a estas tensións, como “Castellanos de Castilla/ vos habedes rabear;/os galegos fan os fillos/ vós habédesllos criar”, que aludÃan ó coñecido sentido da honra castelán con respecto ós fillos tidos fóra de matrimonio. Os galegos tamén tentaban loitar contra os tópicos impostos, esgrimindo a súa capacidade de traballo coma o seu principal valor.
As causas
A situación era dura, pero a sega nos campos achegaba importantes ingresos adicionais para as familias galegas. De feito, González Reboredo sinala que “o mesmo que calquera outro tipo de emigración, a sega de Castela acabou incrustándose na cultura local e converteuse nunha posibilidade asumida pola colectividade”. Para Marcelino F. Santiago, investigador do Arquivo da Emigración Galega, as causas deste movemento migratorio estacional son varias: “en primeiro lugar, habÃa unha diferente entre o proceso de traballo en Galicia e Castela. En Galicia, os traballos de recollida son en agosto, e en Castela é en maio. Hai un perÃodo no que a man de obra galega estaba desocupada temporalmente”.
A Galicia do século XVIII xa era un paÃs minifundista, con moi pequenas propiedades. A marcha a Castela dos labregos galegos tentaba garantir a supervivencia das súas propiedades. Por exemplo, fronte a economÃa de subsistencia dos labradores, na que todo o beneficio que se obtiña era en especie, en Castela pagábase en metálico. Os diñeiros obtidos na Meseta eran empregados de xeito moi diverso: para pagar a renda das explotacións alugadas en réxime de foro, os tributos e impostos agrÃcolas ou mesmo para poder mercar roupa. Para os mozos, por exemplo, traballar de sol a sol en Castela tamén supuña contar con algún diñeiro extra para os seus gastos persoais. Outros buscaban conseguir algún metálico para afrontar o casamento.
Causas económicas e tamén polÃticas
Castela non só foi o destino natural dos temporeiros galegos senón tamén un destino condicionado pola polÃtica. No século XVIII, moitos dos labregos do sur do paÃs escollÃan Portugal como destino para as segas. Isto rematou no século XVIII, co goberno ilustrado de Carlos III. O seu ministro Campomanes realizou un informe sobre as migracións ó paÃs veciño, concluÃndo que eran unha perda de forza interior para a Coroa, e o traballo estacional en Portugal foi prohibido.
A partir de aÃ, o traballo de sol a sol, os campos de trigo interminables, continuaron ata o 1960. Primeiro andando, logo en tren, logo en autobús. E logo, só ficou a memoria que ata setembro se poderá ver en Ribadavia.