A que fora casa do poeta Manuel Antonio está en obras desde onte. Ao longo dos vindeiros tres meses o interior inmoble da Rúa de Abaixo será rehabilitado para acoller un futuro museo dedicado a este autor. As obras, orzamentadas en 300.000 euros, supoñen o primeiro paso na recuperación dos antigos fogares de autores rianxeiros destacados. O Concello prevé continuar este labor no futuro abordando a recuperación da casa de Rafael Dieste, xa en mans públicas, e está buscando fórmulas para se facer coa de Castelao.