Unha análise de Moisés Álvarez sobre a actualidade e o futuro do libro en galego abre o número 6 de Novas de Libros (NDL), a revista da Asociación Galega de Editores. Para Álvarez, "incluso ámbitos nos que o libro galego está ben instalado, como o escolar, poden cambiar nos próximos anos de maneira radical" a raíz da imprantación de e-books. Canda as novidades editoriais, outro artigo de Iolanda Galanes investiga o incremento de traducións do galego a outras linguas.