Tal e como se anunciara hai pouco máis dun mes, Francisco DomÃnguez MartÃnez tomou posesión como novo director da Fundación Penzol en substitución de Francisco Fernández del Riego. O novo responsable da entidade anunciou como unha das súas prioridades desenvolver a dixitalización dos fondos que conserva a Fundación, asà como facer un web da mesma. A maiores, prevé realizar diferentes exposicións, entre elas unha dedicada á figura de FermÃn Penzol, e afondar en actividades didácticas que achegen a Fundación ao grande público.