O pasado tres xaneiro falecÃa na súa casa de Londres o tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Nado en 1931, a súa versión de Macbeth, publicada en 1972, foi a primeira traslación de Shakespeare para a nosa lingua. Canda a esta obra, verteu tamén para o galego narrativa chinesa ou Alicia no paÃs das marabillas entre outras obras. O seu traballo no campo da tradución valeulle galardóns coma o Premio Plácido Castro, o Pedrón de Honra ou, en 2009, a Medalla Castelao.