O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaba onte na reunión do Consello Galego de Bibliotecas o rascunho da que quere sexa a vindeira Lei de Bibliotecas. O texto prevé mellorar a coordinación da Rede Galega de Bibliotecas e desenvolver un Mapa de Bibliotecas Públicas para diagnosticar a situación do sector. Outro grande eixe de actuación previsto é incidir na informatización e desenvolver a rede 2.0 nestes centros. A renovación da Lei de Bibliotecas é unha arela que se mantén na polÃtica galega desde hai anos, xa que a actual data de 1989. Na mesma xuntanza, Varela incidiu en que prevé que para 2010 se abra a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura.