A Asociación de Escritores en Lingua Galega deciciu outorgarlle o seu premio Escritor Galego Universal ao arxentino Juan Gelman. O colectivo recoñece o traballo deste autor no campo da poesÃa canda ao seu compromiso cÃvico e o traballo que realiza a prol dos dereitos humanos. O galardón, correspondente ao ano 2010, entregaráselle a Gelman no transcurso da vindeira Cea das Letras, que está previsto que se celebre no mes de maio.