De amor e desamor publicouse en 1984 como un volume colectivo que recolleu a poesia dunha serie de creadores entre os que estaba Miguel Anxo Fernán Vello, Xulio Valcárcel ou Miguel Mato. Tres creadores que participarán, entre outros, na homenaxe que o Teatro RosalÃa de Castro acolle esta tarde (20:30 horas). Un recital ao estilo dos anos 80, sen música e sen luces, que servirá para recuperar un colectivo que tanta influencia ten exercido na literatura galega contemporánea. Ademais, a Asociación Aleixandre Bóveda que se encarga da organización do encontro, aproveitará para presentar un libro con novos poemas dos membros do grupo e un CD cos poemas das antoloxÃas publicados noitenta que foron gravados nos estudos da Cadea Ser con música de Manuel Balboa.