Quiosco: Kalaikia, número 39

Trueba e Harryhausen protagonizan o último número do suplemento cultural de A Peneira

Portada do número 39 do Kalaikia
Portada do número 39 do Kalaikia
A última película de Fernando Trueba El baile de la victoria e a exposición sobre o traballo de Harryhausen na Fundación Luís Seoane abren o número 39 do Kalaikia, o suplemento cultural de A Peneira. Andrés Mahía, Jacobo Paz, The Homens, Jairo Iglesias... son algunhas das caras nas que se centra este suplemento.